Que son as ecoaudicións?

As ecoaudicións naceron como unha parte do proxecto Voz Natura hai 3 anos, chamándose "Audicións acuáticas" o primeiro ano e "Audicións terreas", o segundo. O CEIP Ricardo Gasset, do Incio, leva máis dunha década participando en Voz Natura con actividades como: castra do mel, plantacións na horta e invernadoiro, recolleita de froita, obradoiros de cociña, recollida de refugallo, manualidades e reciclaxe... e incorporáronse as audicións como proxecto paralelo, pretendendo aumentar, deste xeito, a competencia artística e cultural do noso alumnado tamén no eido musical.
A palabra "ecoaudición" vén de ecoloxía e de audición, e pretende aunar ámbolos dous conceptos nas mesmas actividades. Desta forma, mantense como un proxecto unificado e con intención de manterse no tempo.